Convócase a unha Asemblea Aberta a todas as organizacións e persoas a título individual que desexen integrarse para actualizar o Consello do Foro Social Galego, de cara á celebración, en 2011, do Segundo Foro Social Galego.

DÍA: Sábado 12 de xuño de 2010
LUGAR DA XUNTANZA: Centro Cultural O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16, baixo). Santiago de Compostela
HORA: 11 da mañá
A dita xuntanza, terá como Orde do Día:
Actualización do Consello do FSGal (o consello ficará novamente pechado dende esta xuntaza e até despois da celebración do II FSGal, polo que esta é de carácter constitutivo).
1. Discusión sobre a Data e Lugar do II Foro Social Galego, a celebrar en 2011.
2. Outras cuestións, rogos e preguntas
3.
Consello do FSGal
http://www.forosocialgalego.org
