Aceite vexetal virxe Rosa Mosqueta

Ingredientes: Aceite vexetal virxe de primeira presión en frío de Rosa Mosqueta de Chile. Procedente de agricultura ecolóxica.

Beneficios: Este aceite pode utilizarse en aplicación corporal e facial. En facial aplicar unhas pingas sobre o rostro, mañá e noite, despois de limpar a pel. En corporal aplicar especialmente en zonas sensibles, como pescozo, peito e parte interior de brazos e pernas. Preferiblemente despois da ducha ó coa pel húmida. Utilizar tamén como loción despois da toma de sol.

O aceite de Rosa Mosqueta utilízase tradicionalmente como un ciatrizante excelente. Rexenera e nutre a pel eliminando enrugas e as manchas da pel, ademais calma a pel despois dunha queimadura. Este aceite brinda dozura e frescura á pel e protéxea do envellecemento prematuro.

 

proxecto fiare galiza