A acelga

Beta vulgaris var. cicla (científico), Acelga (castellano), Chard (english).

Substancias: hidratos de carbono (0,7%), proteínas (2%), graxas (0,3%), vitaminas A (betacaroteno), C, K e ácido fólico; minerais (1,7%): potasio, calcio e magnesio; luteína e flavonoides.

Propiedades: hortaliza laxante, axuda a previr o estrinximento; contribúe a manter a densidade ósea prevendo a osteoporose; interesante como preventiva de cancros relacionados con epitelios mucosos (dixestivos, respiratorios, vexiga urinaria, etc.).

Aproveitamento: o mellor dos nutrintes está nas follas verdes, as preferíbeis son as de talos e follas tenras e cores vivas; para evitar que se oscurezan ao cociñalas é aconsellábel lavalas antes en auga salgada ou cunhas pingas de limón; consumilas pronto, o máis frescas posíbel posto que cando as follas están pouco firmes, a vitamina C e o ácido fólico redúcense moito; a mellor forma de aproveitar os seus carotenos é comer acelgas cocidas en ola rápida e ao vapor ou en purés, así aumenta a súa absorción intestinal.

Non é certo: ten bastante calcio e ferro, mais estes minerais están unidos ao ácido oxálico en formas insolúbeis e pouco absorbíbeis polo intestino.

Risco: é rica en ácido oxálico, polo tanto as persoas con predisposición á formación de pedras de oxalato cálcico deben comela con moderación.

 

proxecto fiare galiza