[Información recibida do Bosque de Beni]
Benquerida xentiña
Unha vez mais bota a andar un novo ciclo en “O Bosque de Beni”. Estamos preparadas para festexar a colleita e recibir ao fermoso Outono.
Queremos lembrar que aínda que o curso 2015/16 escomenzou a súa andaina o Xoves 10 ás 9:30h, a nosa casa está sempre aberta para aquelas familias que compartan as nosas arelas e desexen achegarse a nós.
Si precisades saber mais sobre o noso espazo estaremos á vosa disposición de 13:30 h a 14:30 h de Luns a Venres no local da asociación : Camiño vello de San Roque 31, baixo.
Tamén podedes atoparnos no Facebook de "O bosque de Beni".