ESPAGUETI DE MAR: Xénero Himanthalia elongata
Compoñentes maioritarios: Ten un altísimo contido en ferro (8 veces máis que as lentellas e 20 veces máis que as espinacas), potasio, sodio, fósforo e cantidades importantes de vitamina C.
Propiedades: alta dixestibilidade. Observouse en experimentación animal que ten un efecto depresivo e analxésico no SNC (sistema nervioso central), polo que puidesen ter un lixeiro efecto sedativo ou relaxante. É moi eficaz coma antioxidante. Indicada en xente con anemia ou falta de minerais.
Aproveitamento: Aínda que é unha das últimas especies incorporadas á alimentación humana, trátase dunha das algas con máis personalidade na cociña. Ten gran éxito entre as variedades de algas atlánticas xa que é a que máis concorda coa gastronomía occidental por ter unha textura consistente que lembra as xudías francesas unha vez cociñadas. Ideal para revoltos ou ensaladas. Debe ser previamente cocida uns 15 minutos.