Ingredientes: algas secas para uso instantáneo. Alga espaguetti de mar, especias e sal.
Modo de emprego: Espolvoréase media culleriña sobre un prato de arroz, ensalada, sopa, verduras , potaxes, guisos, pisto, patacas, etc.
Como condimento pode substituír ó sal.
Beneficios: O espaguetti de mar é un alimento rico en minerais, e debemos destacar tamén o seu contido en proteínas dun alto valor biolóxico. Non contén apenas calorías nin graxa. O proceso depurativo que esta alga desencadea no corpo fai que este se renove e rexuveneza, debido tamén en gran medida ó alto achegue de vitaminas que nos brinda. Ademais regula o colesterol e reforza o sistema inmunolóxico.