En Galicia: Laminaria ochroleuca, Laminaria hyperborea e Laminaria saccharina (kombu de azucre).
Europa: anteriores e Laminaria digitata
Xapón: Laminaria japónica (Makombu)
Componentes maioritarios: Presenta fucosterol. Moi rica en minerais, especialmente K, Ca e Mg. Unha mención especial é o seu alto nivel de iodo. Recoméndase a deixar repousar polo menos 20 minutos en auga fresca para eliminar o exceso mineral.
Propiedades:
• Axuda a controlar o colesterol do sangue
• Axuda a regular a presión arterial e a evitar a hipertensión.
• O seu contido en ácedo algínico e manitol fai que actúe como un limpador natural e eliminador de toxinas para os intestinos, moi útil contra a colite.
• En aplicacións corporais externas beneficia a pel e é moi efectiva para doenzas musculares como tendinite, contusións e artrite.
• Efecto hipolipemiante debido a polisacáridos que actúan como fibras
• Dos lípidos un 25% correponden a EPA, polo que se ten que ter en conta como achega nutricional.
Aproveitamento: debe cocerse xa que é unha alga dura. Vai ben en arroces, sopas de verduras, purés,…e sobre todo cas legumes xa que o kombu as fai máis dixestivas (para iso teñen que deixarse en remollo as legumes xunto cun anaco de kombu, e logo xa cocerse todo xunto).