Alga Nori - Algamar

Ingredientes: porphira natural en copos. 100g equivale a 1 kg de algas frescas. Seleccionada das augas mais limpas do atlántico e seca a baixas temperaturas.

Modo de emprego: Para comer crúa remollar 20 min e engadir en ensaladas.

Para comer tostada, sen remollar , tostar durante 2 min ó forno ou pasar pola tixola ben quente. Logo esparcir polo prato de ensalada, sopa, arroz, cus-cus, verduras, etc.

Fervida ou ó vapor 15 min con patacas, arroz ou verduras.

Rehogada vai ben con tortillas, croquetas, pasta, ovos, verduras, chícharos, garavanzos...

Ó forno acompañando recheos e gratinados, lasaña, canelones...

Beneficios: É unha alga atlántica silvestre que destaca polas súas proteínas, minerais, provitamina A e fibra. É moi recomendable para a saúde de cabelo e uñas, pero quizá o mais destacable das súas propiedades é que facilita a eliminación de metais pesados. A súa vitamina B é boa para fortalecer o sistema nervioso e para persoas con problemas de pel.

fonte: http://enbioverde.com/produto/nori-100g-granel-algamar

 

proxecto fiare galiza