Alga Wakame

WAKAME: Xénero Undaria pinnatifida

Compoñentes maioritarios: Alto contido en vitaminas, minerais e oligoelementos, sobre todo destacando os seus niveis de vitaminas do grupo B (concretamente a B1, B2 e B12) e de magnesio, sodio, potasio, calcio e fósforo. Gran contido en fucosterol. Presenta todo-los aminoácidos esenciais e un baixo contido en lípidos (principalmente acedo palmítico e oleico) e glúcidos asimilables.

Propiedades: alta taxa de dixestibilidade, próxima ao 75%. Axuda a baixar o colesterol. A súa inxesta favorece a absorción de calcio e a estimulación da formación ósea. Realizáronse estudos médicos nos que se observaron efectos beneficiosos na prevención de cancro e outras enfermidades.

Aproveitamento: son perfectas para combinar cas lentellas e demais potaxes de legumes ou para paellas de arroz ou quinoa. Neste tipo de pratos non cómpre cocela antes, pódese botar en seco e xa se vai cociñando canda o resto de ingredientes. En revoltos tamén está rica, pero ten que cocerse antes.

 

proxecto fiare galiza