Alza nos prezos dos produtos de comercio xusto norte-sur

Nos últimos meses e despois dun tempo de subidas suaves, os prezos do café do mesmo xeito que outras materias primas subiron de forma drástica nas bolsas. Os prezos dos produtos do Comercio Xusto, especialmente o café, cacao, azucre, arroz e outras materias primas manteñen un prezo base por baixo do cal non se paga e aplícase unha prima social cando este é excedido en valor de bolsa.

Máis aló das fluctuaciones do mercado, as importadoras  traballan por un beneficio social en todas as súas facetas mediante os criterios do Comercio Xusto, consideracións ambientais e de cultivo orgánico. Procuran manter un prezo estable nos últimos anos fóra destas fluctuaciones. Nestes últimos meses, a subida de custos é tan alta que non se poden manter os prezos como até a data.

Dentro desta subida exponencial aínda non se acerta a profetizar o final da curva ascendente. Quen mellor poden opinar sobre a situación actual predín subidas aínda maiores. Aínda que sempre se fan contratos con suficiente antelación, na actualidade reducese o tempo de previsión dos contrato até entrega nunha data menor pola inseguridade nos mercados.

Existen varias razóns para estas subidas inusuais e que se están alargando nun tempo xa prolongado. En varios países centroamericanos as colleitas sufriron desfeitas por unha climatoloxía moi adversa, o que fixo baixar considerablemente o café en oferta este ano. Se a isto unimos a demanda crecente de varios países emerxentes e moi poboados, que neste último ano podería cualificarse de espectacular nalgúns casos, un gran compoñente desta subida queda explicado. Finalmente tamén os movementos especulativos xogaron o seu papel nunha situación como a actual aproveitando o empuxe dos condicionantes anteriores.

Para os produtores que contasen con colleita suficiente este ano podería dicirse que foi un bo ano en canto a prezos e nalgúns casos así foi sempre contando con que os produtores son sempre pequenos propietarios e as leiras en media teñen unhas 2 hectareas. Unha vez máis o intermediario xogou o seu mellor papel na compra a inicio de tempada e o seu almacenamento, os nosos produtores conseguiron un bo prezo pero saben que contan ademais co apoio das organizacións importadoras do Norte que estarán á beira cando chegue a caída de prezos que inevitablemente terá o seu momento no futuro.

A prefinanciación, o compromiso de compra de longo prazo, os programas de asesoramento e mellora das comunidades en proxectos educativos permiten unha relación de confianza básica a través da que desenvolvemos en correspondencia coas nosas cooperativas provedoras a seguridade dunha compra estable ao longo do tempo independentemente das subidas e baixadas de prezos.

Mediante a comunicación coas persoas que adquiren os cafés e produtos de Comercio Xusto, mantense o círculo de confianza que se xera a súaactividade cun produto coidado, elaborado co esmero que merecen os artigos que adquirimos e a transparencia non só en prezos senón ademais en todo o que faga referencia á actividade do Comercio Xusto e o valor engadido que leva na súa vertente de economía ssolidaria e desenvolvemento social de comunidades produtoras.

 

proxecto fiare galiza