Todas as variedes de ameixa poseen unha composición moi similar. É un laxante efectivo e suave á vez. A diferencia do tipo insoluble, como o salvado, a fibra soluble da ameixa suaviza e protexe as paredes intestinais. Esta fibra está composta maiormente por pectina e consegue que baixe o nivel de colesterol. E suavemente diurética, depurativa e desintoxicante. O seu baixísimo contido en grasas, proteinas e sodio fana moi apropiada en caso de arteriosclerose, gota, reumatismo e hepatitis.
Como propiedade maís importante resaltamos a prevención de cancro de colon polo tanto o consumo frecuente de esta froita é un hábito moi recomendable.
Por cada 100 gr:
Fibra- 7.10%
Minerais- 1.76%
Hidratos de carbono- 55.60%
Graxa- 0.42%
Proteinas- 2.61%
Auga- 32.4%
1) FRESCAS: Para que as ameixas crúas sexan ben toleradas polo estómago, deben alcanzar o seu punto óptimo de maduración.
2) AMEIXAS PASAS (DESECADAS): Tómanse tal cual, ou postas previamente en remollo a noite anterior. A dose habitual é de 6 a 12 pasas preferiblemente pola mañá.
3) PREPARACIÓNS CULINARIAS: Coas ameixas elabóranse deliciosas compotas e marmeladas que tamén poseen efecto laxante.