O día 11 de setembro de 2010 comeza en Vigo FEIRA, un Mercado de Productos Tradicionais Galegos que se desenvolverá todos os primeiros domingos de cada mes no Paseo de Alfonso.
De caráter gratuíto, FEIRA está organizada polo CAT Centro de Artesanía Tradicional (institución dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo) para converterse nun punto de encontro de venta de productos marcados pola tradición e a ecoloxía ou denominación de orixe.
Toda a información sobre o evento a tedes en documento anexo ou en http://www.cat.vigo.org/GALEGO/feira2010.htm
Dende o CAT, creen que esta iniciativa será todo un éxito de público, ao poñer a disposición da cidadanía un producto que na actualidade conta cun mercado en aumento pola súa compoñente tradicional e ecolóxica.
A idea básica é recuperar os mercados tradicioanis e xenerar o hábito nos cidadans de aceder os mercados tradicioanis.
Árbore participa na FEIRA a través da venda de productos ecolóxicos galegos e de comercio xusto. Ademáis compartiremos o posto coa deseñadora María Almazán , socia da cooperativa que terá a venda a súa roupa ecolóxica.