Se tes os seguintes estudos:
Licenciatura en Economía.
Dereito económico-empresarial
Administración e dirección de empresas
Ciencias do traballo
Diplomatura en ciencias empresariais
Diplomatura en relacións laborais
Graduado social
Master ou post-grado en xestión de empresas
Grado superior en Administración y finanzas
Ofrecemos, a posibilidade de acceder a unha bolsa xerencial na cooperativa, a través dun progama xerencial de UGACOTA e a Fundación Caixanova.
O período sería durante un ano, cunha xornada de 25 horas semanais con flexibilidade horaria, e unha axuda de 500€ ao mes para gastos de manutención e desplazamento. O contrato comezaría a primeira semana de abril e remataría o seu correspondente en abril de 2011.
Ademáis, inclúese formación práctica no eido xerencial como parte da bolsa a través dun titor especializado e con ampla experiencia no sector empresarial.
Se queres traballar en Árbore, envíanos teu currículum a info@arbore.org antes do 3 de marzo.









