A cooperativa Árbore reparte durante o mes de outubro un bono* de 10 € a cada socia que o desexe para que poida mercar graneis e fresco. Este bono é a resposta da cooperativa a un problema xurdido na tenda e que afecta ás socias. Dende Árbore comentar que entendemos a situación como excepcional e que se tomaron e se toman todas as medidas necesarias para controlar a posibilidade de aparición de palomilla nos graneis ecolóxicos. Entendendo que a calor de Agosto non axudou a controlala tanto na cooperativa como nos fogares, dende o Consello Reitor tomamos esta decisión para compensar as posibles perdas de xénero das socias no seu fogar. Ademáis emitimos unha listaxe de recomendacións moi necesarias para evitar posibles danos nos graneis ecolóxicos dos vosos fogares e pedímosvos que intentedes na medida do posible facer seguimento delas.
Para pedir o teu bono* de 10 € fala cas traballadoras.
*O bono só é válido para unha única compra de graneis e fresco, para socias en activo co semáforo de cotas en verde (pago de cotas ao día) e sen débedas no período comprendido entre o 1 e o 30 de outubro de 2010. O non uso do bono no período citado non da dereito a posteriores reclamacións.