Dende mediados de xullo está en marcha a recollida de sinaturas dunha iniciativa lexislativa popular (ILP) para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCION, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA. Promovida por unha manchea de organizacións ecoloxistas e sociais galegas.
Axuntamos o texto da ILP que se podera firmar na nosa cooperativa en breve (en caso de querer recoller sinaturas para esta iniciativa, podedes poñervos en contacto coa organización da mesma).