Grupos e redes en defensa da soberanía alimentaria de distintos territorios do Estado español reuníronse o 19 e 20 de febreiro en Vinyols i els Arcs (Tarragona) para avanzar na construción da Alianza pola Soberanía Alimentaria dos Pobos. Un cincuenta acodes representantes de colectivos impulsores desta iniciativa en Castela e León, Andalucía, Catalunya, Madrid, País Valencià, Castela-A Mancha, Euskal Herria, Estremadura, Galicia e Asturias atopáronse para debater acerca dos obxectivos e do plan de traballo a levar a cabo.
En palabras de Paul Nicholson, do sindicato agrario EHNE e da Vía Campesiña: "A Alianza pola Soberanía Alimentaria dos Pobos quere ser un movemento social. Non estamos a facer unha nova organización nin plataforma. Queremos apoiar as actividades que se dan no local, nunca substituír, e construír unha proposta política de acción contorna á soberanía alimentaria a medio e a longo prazo".
O encontro serviu para intercambiar experiencias, dotarse dun marco de coordinación e de traballo estatal, salientando a autonomía local, e acordar algunha temáticas clave como a loita contra os transxénicos ou a Política Agraria Común (PAC), entre outros temas, á vez que se asumiron algunhas datas importantes de mobilización como o 17 de abril, xornada internacional de loita campesiña, e un próximo encontro no inverno do 2010.
Un movemento desde a base