As berenxenas

É diurética, aumenta a produción de ouriños, estimulando a capacidade de filtración dos riles. Por iso, o seu consumo convén en casos de cálculos renais, retención de líquidos, hipertensión arterial e afeccións cardíacas.
Actúa como tónico dixestivo, activando a función biliar, favorecendo suavemente ó valdeiramento da bilis, asi como a produción de mollo pancreático. Convén pois ós que padecen de dixestións pesadas ou de dispepsia biliar.
É un laxante suave, polo seu contido en celulosa.
Tamén preventiva do cancro. Pertence á familia das solanáceas (coma o tomate) e por iso é moi rica en elementos fitoquímicos que protexen contra a formación de tumores.

Por cada 100 gr:
Fibra- 2.50%
Minerais- 0.710%
Hidratos de carbono- 3.57%
Graxa- 0.180%
Proteinas- 1.02%
Auga- 92.0%

1) COCIÑADA: (nunca crúa) nas súas moitas preparacións culinarias. A berenxena frita é a forma menos dixerible para comer esta hortaliza. A forma mais sa é asada ó forno e aderezada con aceite e allo. Acompañada de pementos, típico prato catalán, a escalivada.
PRECAUCIÓNS: As berenxenas conteñen unha certa cantidade de solanina que desaparece case por completo coa maduración. A solanina é un alcaloide tóxico que produce transtornos dixestivos, pero que desaparece coa calor. Por iso as berenxenas débense tomar sempre ben maduras e cociñadas.

 

proxecto fiare galiza