As cebolas

Ás sustancias que forman o aceite esencial da cebola(responsable do seu cheiro) e aos flavonoides se lle atribiyen a maior parte das propiedades da mesma: antibiótica, antiasmática, protectora do corazón e as arterias, diurética e antitumoral.
Contén glucoquina, que está definida como unha "hormona vexetal" que ten a facultade de reducir o nivel de glucosa en sangue, o que fai á cebola moi favorable para os diabéticos.
A inxestión dunha cebola crúa pode deter ou aliviar unha crise de asma, pola súa acción antialérxica e broncodilatadora.
   
Por cada 100 gr:
Fibra- 1.80%
Minerais- 0.370%
Hidratos de carbono- 6.83%
Graxa- 0.160%
Proteinas- 1.16%
Auga- 89.7%

1) CRÚA: É a forma ideal de consumila, aínda que para iso debe ser tenra. Lavándoa durante uns minutos e aderezándoa logo con limón, atenúase un pouco o seu picor. Quen padece úlcera gástrica ou gastrite debe consumilas cebolas asadas ou fervidas.
2) FERVIDA EN AUGA: Desaparece o seu picor e tolérase mellor, pero tamen diminúen os seus efectos medicinais. Convén có tempo de fervor sexa moi curto(menos dun minuto) e tomar tamén o caldo.
3) ASADA: Resulta moi saborosa; aínda que canto mais tempo pase ó lume, menores serán os seus efectos medicinais.
4) XAROPE DE CEBOLA: Férvense varias cebolas cortadas en rodaxas .Logo de machucalas ata facer unha pasta, engádense unhas culleradas de mel ou azucre.
5) AUGA DE CEBOLA: Obtense pondo a macerar unha cebola crúa troceada nun vaso de auga durante unhas horas.

 

proxecto fiare galiza