O vindeiro sábado 12 de Decembro ás 17:00h celébrase a trigésima Asemblea Xeral de Árbore no local da cooperativa (Rúa López Mora, 30). Recibiredes a Orde do día por correo electrónico e ordinario.
Despois da asemblea teremos a presentación do proxecto de La Canalla e compartiremos petiscos.
Podedes consultar as posibles dúbidas en info@arbore.org ou no 986233497.
Un saúdo do Consello Reitor de Árbore