Desde Coop57 GZ, co gallo da celebración da Asemblea Xeral que imos celebrar o próximo sábado 12 de Xuño en Compostela a partir das 10 horas , queremos convidar-vos a asistir á mesma.
Tamén vos informamos que celebraremos un Xantar e pola tarde un Encontro sobre Economia Ecolóxica e Mercado Social en GZ, actividades ás que tamén vos convidamos a participar.
No caso do Encontro, facemos extensíbel o convite ás vosas organizacións sócias no caso de Fiare GZ e a Rede Galega de Consumo Consciente.
Para máis información desta actividades:
COOP57-Galicia
Rúa Fernández Villaverde 4, 1º andar drto.
36002 Pontevedra
T 986 896 526








