A nosa cooperativa é socia da cooperativa Som Energía, unha iniciativa de xeración e distribución de enerxía limpa novidosa, que esta a ter un gran éxito social, e polo tanto un crecemento moi rápido.
Se algunha socia de Árbore está interesada en recibir máis información sobre Som Energía ou a asemblea do 25 de Maio desta cooperativa, pode contactar connosco en info@arbore.org.
Paralelamente, informamos de que existe unha rede de difusión tanto de Som Energía como de outras iniciativas de Economía Social nas que non estamos participando ao nivel que nos gustaría, por tanto, se algunha socia está interesada en implicarse a este nivel tamén nolo pode facer saber.
Saúdo