¿Qué é a intercooperación?
A intercooperación ou cooperación entre cooperativas se define como o seguinte principio: "As cooperativas serven ós seus socios e socias o máis eficazmente posible e fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamente a nivel local, rexional, nacional e internacional".
A intercooperación é sinónimo de maiores servicios, maior fortaleza, maior capacidade de xeración de postos de traballo.
¿Por qué intercooperar?
En primeiro lugar porque os retos e desafíos que presenta o mercado global aconsellan abandonar os protagonismos, personalismos e localismos e dotarse dos recursos necesarios para garantir a viabilidade presente e futura.
As cooperativas necesitan estar nas mellores condicións para asumir eses desafíos, o que significa: dimensión, capacidade financiera, xestión empresarial, planeamento, estudios, investigación e desenvolvemento, capacidade de negociación, etc.
A cooperación é a mellor ferramenta para conseguir todo isto, compartindo e optimizando esforzos e recursos.
¿Cómo intercooperar?
As cooperativas poden asociarse entre sí a través de distintas fórmulas: mediante convenios de colaboración, fusións ou absorcións, agrupacións de interese económico, constituíndo outras sociedades e mediante a creación de cooperativas de segundo grao.
Ademais, para a defensa e promoción dos seus intereses as cooperativas poden asociarse libre e voluntariamente en unións, federacións e confederacións. Na actualidade en Galicia contamos con sete unións de cooperativas activas.
Funcionamento das Unións de Cooperativas
O funcionamento é o mesmo que nas cooperativas.
Unha asamblea xeral, composta por tódalas cooperativas asociadas, que elixe ó consello rector e ós interventores. Asi mesmo aproba os programas de traballo, os orzamentos e as liñas de actuación.
O consello rector é responsable dos distintos programas e servicios e un equipo técnico é quen se ocupa de executar, xestionar e levar a cabo os programas e servicios demandados.
¿Qué ofrecen as Unións de Cooperativas?
Os servicios máis habituais son:
- Representación e defensa dos intereses comúns das cooperativas asociadas.
- Información e asesoramento cooperativo especializado.
- Formación cooperativa, empresarial e profesional.
- Charlas e xornadas técnicas, divulgativas, etc.
- Fomento do cooperativismo e da intercooperación.
- Xestión de aspectos administrativos e empresariais.
- Asesoramento e xestión laboral, fiscal e contable.
- Tramitación de subvencións e información sobre as mesmas.