A banca ética cólase na presentación da nova caixa de aforros galega

A banca ética colase na fusión das "caixas" galegas

Raúl Asegurado é o presidente de Fiare Galicia, colectivo constituído a comezos de ano. Asegurado acudiu esta mañá canda cámara de Tingalaranga á pomposa cerimonia de lanzamento da nova entidade de crédito no Centro Galego de Arte Comtemporánea (CGAC).

O obxectivo de Fiare, que opera en todo o Estado, é a creación e consolidación dun sistema estatal alternativo ao actual modelo financeiro, dominado por grandes corporacións privadas e no que as caixas, entidades semipúblicas, perden peso e corren risco de ser absorbidas polos bancos na culiminación da reforma do sistema bancario que pactaron PP e PSOE a nivel estatal.

Transparencia informativa e carácter non lucrativo son dúas das premisas de Fiare. Dous conceptos que lle deben parecer chinés a Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso, os próceres de Caixa Galicia e Caixanova que o luns presentaron a nova entidade arroupados cunha enorme cobertura mediática e a presenza do presidente da Xunta e do líder PSdeG.

Asegurado explica que unha das diferencias claves de Fiare co modelo actual é que a banca ética nace da suma de intereses dos cidadáns, fronte a banca tradicional, apoiada polo Estado e as clases máis ricas.

En proceso de constitución

Ademais, segundo o voceiro de Fiare Galicia, as entidades convencionais non lle dan voz realmente a quen deposita nelas os aforros. “Ningún cliente de Caixanova ou Caixa Galicia pode realmente decidir onde vai parar o seu capital aforrado, Caixanova ou Caixa Galicia pode investir en industria militar ou contaminante”, insiste.

O responsáble deste proxecto de banca ética no país asegura que Fiare “intenta por vez primeira no territorio español que a cidadanía poida decidir onde investir o seu capital”.

Asegurado conta como Fiare está aínda a recoller capital social para cumprir coas normas do Banco do España e constituírse en cooperativa de crédito. Máis información sobre o proxecto en Fiare.org. e fiaregz.wordpress.com .

 

proxecto fiare galiza