Ingredientes: Auga, xarabe de ágave, maltodextrina de millo e améndoas.
Beneficios: A bebida de améndoa é moi nutritiva e de fino sabor e a súa riqueza en proteínas e minerais é comparable ó leite de vaca. Está recomendada en casos de intolerancia alimentaria ó leite de vaca e tamén indicada en casos de ecemas e colite infantís, xa que o leite de vaca é responsable dun bo número de alerxias infantís manifestadas desta forma. O leite de améndoa substitúe ventaxosamente en casos de trastornos dixestivos. O único inconvinte é que contén menos calcio. É moi rica en acedos grasos insaturados, por iso recoméndase en dietas baixas en colesterol. Durante a infancia e etapas de crecemento o leite de almedras é unha bebida refrescante rica en calorías e nutrientes moito máis apropiada para os nenos que a maior parte dos refrescos que é habitual consumir. Está especialmente recomendada ós nenos nerviosos ou con problemas de concentración, xa que a súa riqueza en ácido linoleico e en fósforo favorece o rendemento intelectual. Polo seu efecto galactógeno (aumenta a produción de leite) recoméndase a todas as nais que aleitan.