¡Un café xusto, por favor!

 

Amigos da Terra xunto con ARBORE, Amarante e Mundos, impulsa a campaña Un café xusto, por favor! co obxectivo de implicar á sociedade na responsabilidade colectiva do modelo de consumo actual, fomentando o cambio cara alternativas xustas e sustentables de comercio local e internacional.

 

Os/as consumidores/as temos a posibilidade de impulsar este cambio acudindo aos bares, cafés, restaurantes, locais sociais e culturais, que ofrecen café, infusións, cacao… de Comercio Xusto ou incorporando novos establecementos na rede xusta galega.

 

ARBORE, Amarante e  Mundos actuarán como proveedores comerciais. 

Todolas socias e socios de ARBORE que teñan un local e queiran participar terán acceso a prezo de custe a tódolos produtos de comercio xusto norte-sur que se venden na cooperativa para o seu uso no local. Para máis información chama ao (986)233497.

 

Para velo listado de locais adheridos:

 http://www.amigosdaterra.net/info/080310_cafexusto/?page_id=9

 

 

Un café xusto, por favor!

 

proxecto fiare galiza