Elaborado con grans selectos das mellores plantacións de café da serra Mestra, nas montañas onde se obtén un café superior de fama mundial polo seu excelente aroma e sabor.
O comercio Xusto é un movemento que, a través dunha práctica comercial, un labor de sensibilización e un traballo de mobilización social, aspira a cambiar os actuais modelos de relacións económicas e participar na construción de alternativas. Ten un significado mais alá da súa simple comercialización inscribíndose nunha estratexia de solidariedade coas comunidades produtoras.