Árbore convoca un concurso aberto para deseñar unha camisola coa temática do consumo consciente. O prazo de presentación dos deseños é do 1 de febreiro ao 29 de marzo na dirección de correo info@arbore.org , e o premio consistirá nunha cesta de produtos ecolóxicos valorada en 100 euros e unha camisola do deseño feito. O deseño gañador será serigrafiado e posto a venda na cooperativa en camisolas de algodón orgánico e de comercio xusto. Se queres obter máis información chama ao (986)233497.