[Información enviada polo SLG]
Ola
Dende o Sindicato Labrego Galego enviámosvos esta mensaxe para pedirvos que apoiedes o rexeitamento á macro-granxa das 20.000 vacas que unha empresa navarra quere construír en Noviercas (Soria). Con esta mensaxe, compartimos contigo un comunicado no que se expoñen os datos que demostran que este proxecto é unha aberración que, de ir para adiante, marcará un antes e un despois no proceso de desmantelamento e destrución do tecido socio-económico que aínda subsiste, a duras penas, no noso medio rural.
Podes opoñerte ao proxecto asinando en Change.org a iniciativa, a nivel de Estado, que está levando adiante a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG). Para asinar, podes acceder premendo AQUÍ.
Se estás de acordo con esta campaña, tamén che agradeceriamos que nos axudases a difundila enviando este correo ás túas amizades e contactos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
22-03-17_slg_inicia_campana_contra_granxa_de_noviercas.pdf | 241.27 KB |