Información sobre as vindeiras actividades no Patio de Guixar sobre alimentación vexetariana e vegana. Botádelle un ollo aos adxuntos para consultar datas e programa.
Un saúdo!
XOVES 17 DECEMBRO - 17.30 H - LOCAL DE EOMAIA
OBRADOIRO DE XOGUETES ECOLÓXICOS
“ A importancia do xogo no desenvolvemento equilibrado d@s meniñ@s”
O vindeiro sábado 12 de Decembro ás 17:00h celébrase a trigésima Asemblea Xeral de Árbore no local da cooperativa (Rúa López Mora, 30). Recibiredes a Orde do día por correo electrónico e ordinario.
Despois da asemblea teremos a presentación do proxecto de La Canalla e compartiremos petiscos.
Podedes consultar as posibles dúbidas en info@arbore.org ou no 986233497.
Un saúdo do Consello Reitor de Árbore
Este sábado 21 de Novembro ás 20:00 levarase a cabo en Árbore unha charla celebrando o centenario do Congreso Internacional da Paz de Ferrol en 1915. A charla está organizada polo Espazo Aberto Antimilitar, o GAS e a ODS-Coia e contará coa presenza de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego.
Podedes consultar toda a info das xornadas no seguinte enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »