[Foto orixinal de Matt Reinbold, https://www.flickr.com/photos/furryscalyman/. Creative Commons Licensed]
[Información enviada pola organización do obradoiro]
O principal problema das vivendas en Galicia é a falta dun verdadeiro illamento que nos permita protexernos do frío e da calor, así como un exceso de humidade-ambiente no interior das mesmas. Así, este obradoiro permitirá coñecer como rehabilitar unha vivenda en pedra para mellorar o seu confort interior usando materiais naturais e locais. +info
Unha boa excusa para visitar este preciso recuncho do mundo, dar un paseo e comer na feira... gran plan para o 1 d e Agosto.
Saúdo!
Estánse a facer xa clásicos os Ecofeirons que organiza o amigo da Cooperativa Carlos, que ten a súa finca en Moreira (Ponteareas). Ven unha nova tanda de eventos para o mes de Agosto que agora vos anunciamos. +info
Recomendamos a visita a esta e as outras feiras que están organizando coa axuda e colaboración de distintas experiencias de produción, elaboración...
Un saúdo!
Despois da feira ecolóxica de Bueu, poderemos desfrutar nesta ocasión da romaria de Vilaboa. Outra boa oportunidade para coñecer opcións locais de produción responsable e de paso facer a compra da semana.
Podedes consultar o programa adxunto.
Un saúdo!
O vindeiro 27 de xuño poderedes asistir ao baile-concerto amenizado polo grupo Monteira, composto entre outros por Servando Barreiro, socio da nosa cooperativa.
Un saúdo!
Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »