O novo local da cooperativa está aberto! // Inauguración o día 15 ás 19:00h

Despois duns meses de moito traballo, coa incrible axuda e compaña de socias da cooperativa en todalas fases da reforma e traslado... xa estamos no novo local de Lopez Mora, 30.

A partires de hoxe día 14 de Maio a tenda xa está aberta. Aínda estamos con detalles, novas estanterías, pensando na colocación dos produtos, pero todo isto forma parte do gran cambio  que significa o novo local e o lóxico proceso de adaptación.

Sodes benvidas a dar unha voltiña e coñecelo.

PECHAMOS tenda en Arquitecto Pérez Bellas, 5... Venres 8 de Maio

Bo día

Hoxe as 20:30h pecharemos no actual local da cooperativa. Mañá iniciaremos a mudanza e agardamos abrir o vindeiro xoves 14 de Maio en Lopez Mora, 30. Actualizaremos puntualmente a información de apertura na web e por correo electrónico ás socias da cooperativa.

Entre mañá, sábado 9, e o vindeiro mércores 13 (incluídos), a tenda da cooperativa estará pechada.

Tamén, para o venres 15 pola tarde estase a preparar a inauguración, seguiremos informando.

Concentración de protesta polo cobro das bicis no transporte de ría

Concentración de protesta pola decisión das navieras que operan o transporte de ría de cobrar a bicicleta como paquete. Ver cartaz para máis información

Novo Local da Cooperativa

Data de apertura estimada no novo local: 14 de Maio


Se queres colaborar na mudanza, escríbenos a info@arbore.org


A Asamblea da Cooperativa aprobou mudar o domicilio social da cooperativa de Arquitecto Pérez Bellas a Lopez Mora 30, apenas 250m do actual local.

Con esta decisión, a cooperativa busca non so dispoñer dunha nova tenda máis espaciosa e con novas posibilidades, senón tamén ter un espazo social para reunións e actividades, aberto as ideas e iniciativas das socias.

Estrea do documental #OligopolyOFF

[+info no blog de SomEnergia]

 

O próximo mércores 6 de maio estréase en todo o estado o documental “#OligopolyOFF: empieza la revolución energética ciudadana“.

Presentación do Libro "O pequeno é grande" sobre a agricultura familiar, 8 de Maio

[Información enviada pola organización da presentación]

Bom dia:

Documental Do We Change It? / Industria Textil Ética

Documental sobre Textil Ético de Zimoneda Produciones.

Trata as consecuencias da produción "convencional" de textil e as alternativas que se abren paso.

Cursos da Asociación A.N.D.R.E.A., 15,16 e 17 de Maio

[Información enviada pola organización]

 

proxecto fiare galiza