Asemblea Xeral Extraordinaria da cooperativa

O próximo 17 de Decembro celebrarase no centro cívico de Teis(*) a Asemblea Xeral Extraordinaria de Árbore. Convocada en primeira convocatoria para as 16:30h e para as 17:00h en segunda convocatoria. A partires das 19:00h celebrarase unha merenda ata as 21:00h no propio centro, podedes traer comida, nos levaremos bebidas e algúns pinchos.

Podedes traer ás vosas nenas, solicitamos unha sala onde poden xogar se así queredes e queren. Avisádenos antes a info@arbore.org ou ao 986233497 para poder organizar isto.

Localización do centro cívico de Teis: mapa

Comeza andar a Cesta Básica

Temos a ledicia de estrear "a cesta básica en Árbore".

É unha iniciativa para facilitar o acceso a unha alimentación completa, saudable e consciente. Fíxase o desconto para socias no 20% en preto de 100 alimentos, a maioría deles dentro de dúas categorías:

  • Froitas e hortalizas frescas de orixe próxima (local ou galega).
  • Graneis (alimentos vendidos por peso) de cereais, legumes, sementes...

O catálogo de alimentos incluídos deseñouse coa intención de satisfacer unha serie de fins:

Xa podes pedir as túas compras mensuais en formato dixital

Se eres socia e desexas recibir no teu correo-e as túas compras mensuais, só tes que darte de alta no correo-e info@arbore.org indicando teu número de socia e nome. (tes tamén que confirmar a validez do correo-e rexistrado na nosa Base de Datos)

A partir deste momento recibirás tódolos meses (na primeira semana do mes) as túas compras mensuais en formato dixital (en formato taboa e pdf).

O obxetivo é dobre:

1. Por un lado, ofrecer un novo servizo as socias.
2. Por outro lado, aforrar papel: pensamos que se tes as compras en formato dixital pode ser posible prescindir do formato papel.

Rematanse as cotas mensuais na cooperativa

Despois das xornadas económicas e da validación por parte da Asemblea Xeral das medidas propostas, dende o Consello Reitor da cooperativa vós informamos de que a partir do 1 de xullo de este ano 2011, todas as socias, unidades familiares que consuman máis de 120 € ao mes, devolveranselle a final de ano as cotas mensuais do ano. No ano 2011 só se terá en conta este 2º semestre (non ten carácter retroactivo).

Informe a visita a rede Minga de Francia

Neste artigo deixamos o documento PDF resumo da experiencia recollida por varias persoas do Espazo por un Comercio Xusto, rede a que pertence a cooperativa.

A visita a realizaron cinco personas de tres organizaciones portuguesas pertences ao ECX:
Carla Soares y Sofía Gonçalves (Ecos do Sul), Carlos Gomes y Nuno Meireles (Mó de Vida) y Lina Afonso (CIDAC).

O documento é sumamente interesante pois recolle as experiencias de Sistemas de Garantía Participativa, no eido da Economía Solidaria en Francia.

A cafeína e o café - Espanica

Amplia información que nos chega desde Espanica sobre os tipos de café, os diferentes contidos en cafeína, e os seus efectos para a saúde.

Entrevista de Árbore a labrega ecolóxica Agatha Broeskamp

Productos de agricultura ecolóxica

Agatha Boreskamp é pioneira na Agricultura Ecolóxica na Galiza. Leva moitos anos de loita en diferentes ámbitos relacionados ca agroecoloxía e en contra dos transxénicos. Loitou moito pola democratización do Consello Regulador de Agricultura ecolóxica de Galicia (CRAEGA). É membra fundadora de APEGA, Asociación de Productores Ecolóxicos de Galiza e é socia fundadora da nosa cooperativa de consumo Árbore, dende o ano 2001.

Biblioteca Árbore

 

 

proxecto fiare galiza