A mel

Indicacións terapéuticas do mel:

Astenia, tanto psíquica coma física, nerviosismo e agotamento. A glucosa é o principal nutrinte para as neuronas. Ademais, proporciona enerxía ás células musculares  especialmente xa que va acompañado de vitaminas e minerais.

Insomnio: Dúas culleradas de mel potencian a acción de calquera infusión sedante. Evita os calmbres musculares e facilita un sono reparador.

Estados de delgadez.

Biscotes de espelta

A Espelta é unha variedade de trigo que cultivase desde fai uns 7.000 anos e é considerado a orixe de todas as variedades do trigo actuais. Ten un lixeiro sabor dulzón moi agradable. Respecto ao trigo común ten un maior nivel de proteínas, minerais, vitaminas e oligoelementos. Ademais, contén os 8 aminoácidos esenciais. O seu bo achegue de magnesio, ferro, fósforo, vitamina E, vit B e a provitamina A, faino moi nutritivo.
A espelta achéganos moita fibra, sendo ideal, pois, para o estreñemento, obesidade e calquera carencia de fibra.
   
Descripción:

Composición por cada 100 g:
Proteínas: 14.9 gr
Hidratos de Carbono: 65.22 g

Ceboleta

Trátase dunha especie intermedia entre a cebola e o allo porro. É máis tenra ca cebola común e consúmese ademáis do bulbo as follas e o tallo da planta. Contén os mesmos nutrintes e sustancias de acción medicinal ca cebola, ainda que cunha concentración inferior. Consúmese crúa en ensalada ou lixeiramente asada e cunha salsa adecuada.

Tirabeque

É unha variedade do chícharo. Caracterízase porque a súa vaina (funda que cubre as sementes) é tenra e carnosa, a diferencia do chícharo que é dura e apergaminada. Polo tanto consúmese enteiro, vaina e semente á vez. Contén máis azucres que o chícharo e menos almidón, polo que o seu sabor e máis doce. E tamén rico en proteinas, vitaminas do grupo B e minerais coma o potasio e o ferro.
O Tirabeque soe preparse cociñado, en menestras de verduras ou formando parte de diversos guisos.

 

Berro

Pódense describir coma depurativos do sangue. Facilitan a eliminación dos resíduos ácidos do metabolismo e ademais pola súa riqueza mineral estimulan a producción de glóbulos vermellos. Convén es casos de artrose, gota, obesidade e amnemia, e nos casos concretos de eccemas na pel provocados por autointoxicación.
Aumentan o apetito e a secrección de xugos dixestivos. Son un tonifocante xeral do organismo moi útil en casos de astemia (debilidade) e fatiga primaveral. Polo seu contdo en iodo tamén se recomendan en casos de hipotiridismo.
Son expectorantes polo que favorecen a eliminación da mucosidade bronquial facéndoa mais fluída.

Por cada 100 gr:

Chicharos ou guisantes

Os chícharos teñen todo o necesario para ser un alimento cardiosaludable. Carecen prácticamente de graxa e sodio, dúas sustancias que en exceso son inimigas do corazón. Convén na dieta dos que sofren insuficiencia cardiaca, anxina de peito ou infarto.
Son ricos en vitaminas do grupo B e minerais necesarios para o bo funcionamento do sistema nervioso, por iso e ben considerado nos trastornos funcionais deste coma irritabilidade, depresión, insomnio...
Pola súa riqueza en proteínas (especialmente se se combinan con cereais) vitaminas e minerais, os chícharos son alimento moi apropiado para as embarazadas, son moi ricos en folatos que evitan malformaciós no sistema nervioso do feto.

As berenxenas

É diurética, aumenta a produción de ouriños, estimulando a capacidade de filtración dos riles. Por iso, o seu consumo convén en casos de cálculos renais, retención de líquidos, hipertensión arterial e afeccións cardíacas.
Actúa como tónico dixestivo, activando a función biliar, favorecendo suavemente ó valdeiramento da bilis, asi como a produción de mollo pancreático. Convén pois ós que padecen de dixestións pesadas ou de dispepsia biliar.
É un laxante suave, polo seu contido en celulosa.

Os tomates

Diversos estudos da universidade de Harvard (EEUU) puxeron de manifesto que os homes que consumen habitualmente tomate fresco, asi coma zume ou salsas de tomate. presentan un risco moito menor de cancro de próstata.
Ademais é depurativo do sangue e diurético. por iso está recomendado para enfermos de gota.
Pola súa riqueza en vitaminas e minerais combate a depresión inmunitaria( diminución das defensas).
É moi útil o tomate pra todos aqueles que padezan de transtornos nas arterias (arteriosclerose), xa que pola súa acción antioxidante, evita a oxidación do colesterol (LDL), que dá lugar ó estrechamiento e endurecemento das arterias.

Por cada 100 gr:

As cebolas

Ás sustancias que forman o aceite esencial da cebola(responsable do seu cheiro) e aos flavonoides se lle atribiyen a maior parte das propiedades da mesma: antibiótica, antiasmática, protectora do corazón e as arterias, diurética e antitumoral.
Contén glucoquina, que está definida como unha "hormona vexetal" que ten a facultade de reducir o nivel de glucosa en sangue, o que fai á cebola moi favorable para os diabéticos.
A inxestión dunha cebola crúa pode deter ou aliviar unha crise de asma, pola súa acción antialérxica e broncodilatadora.
   
Por cada 100 gr:
Fibra- 1.80%
Minerais- 0.370%
Hidratos de carbono- 6.83%
Graxa- 0.160%

Os cabaciños

Destaca polas súas propiedades emolientes (suavizantes) sobre o aparello dixestivo, debido ó seu contido en mucílago. Tamén é lixeiramente diurético.
Todo iso fai que sexa moi apropiado en casos de dispepsia (mala dixestión) gastrite, colon irritable, colite (inflamación do colon).
Indicado para curas de adelgazamento xa que achega moi pouca graxa e calorias, cunha cantidade relativamente alta de proteínas.
E tamén para afeccións cardiovasculares, como hipertensión arterial, arteriosclerose e afeccións coronarias.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1.20%
Minerais- 0.520%
Hidratos de carbono- 1.70%
Graxa- 0.140%
Proteinas- 1.16%
Auga- 95.3%

 

proxecto fiare galiza