A berenxena

Solanum melongena (científico), Berenjena (castellano), Eggplant (english).

Substancias: proteínas (1,2%), hidratos de carbono (2,5%), fibra (1,4%), vitaminas, potasio, magnesio, monoterpenos, ácidos fenólicos, fitosteroles.

O Allo

Allium Sativum (científico), Ajo (castellano), Garlic (english).

Substancias: hidratos de carbono (25%), proteínas (6%), graxas (0,1%), fibra (1,2%), vitaminas A, C, E, B, niacina, potasio, cinc, selenio, compostos axofrados (alicina, aliína, axoeno, garlicina, diversos disulfuros e trisulfuros alílicos, alilmercaptano, S-alilcisteína, compostos tiociánicos), fitohormonas, etc.

A cenoura

Contén beta-caroteno, que o noso organismo transforma en vit.A. É imprescindible para o bo funcionamento da retina e especialmente para a visión nocturna ou con pouca luz.
Tambien esta vit. favorece o bo estado da pel e as mucosas.
Destaca a súa cantidade en fibra vexetal (3%) da cal a maioría é pectina, que normaliza o tránsito e suaviza a mucosa intestinal.
O seu aceite esencial é moi activo contra os parásitos intestinais.
Asi pois, a zanahoria é moi útil nas afeccións da retina e dos ollos en xeral; nos transtornos da pel; na gastrite e exceso de acidez; na colite e como preventiva do cancro.
   

Por cada 100 gr:
Fibra- 3.00%

Pemento

Contén flavonoides, unha sustancia de alto poder antioxidante, que actúa como antiinflamatorio natural e protexendo o sistema circulatorio. Convén en casos de dispepsia( mala dixestión) insuficiencia de mollos gástricos ou atonía dixestiva.

É un laxante suave, ademais ten acción antiflatulenta.

É moi ben tolerado por diabéticos e convén na dieta dos obesos.

É preventivo do cancro dixestivo pola súa extraordinaria riqueza en vitaminas antioxidantes A e C ( 100 gr de pemento vermello conteñen 3 veces a cantidade diaria recomendada de vit. C.

Laranxa

A vitamina C da laranxa non é capaz de previr o arrefriado ou gripe; con todo comprobouse que acurta a duración da enfermidade e que logra que os seus síntomas sexan menos intensos. Ten propiedades antiinfecciosas relacionadas coa acción dos glóbulos brancos polo que o seu consumo diario está indicado non só en casos de gripe, senón en calquera outra enfermidade infecciosa, incluídas as infantís e ata, a sida.

O brecol

Destaca por ser moi rico en proteínas, calcio, provitamina A e vitamina C.

Está recomendado para afecciones cardiacas polo seu escaso aporte calórico e a sua óptima relación sodio (pobre) e potasio(rico).

Por ser moi baixo en calorías y azúcares e por producir certa sensación de saciedade, non debería faltar na mesa de obesos e diabéticos.

É un alimento anticanceríxeno e a sua eficacia foi probada en numerosas investigacions científicas.

 

Por cada 100 gr:

O feixón verde

O feixón verde é diurético, tonificantes do corazón e hipoglucemiantes, é dicir, descenden o nivel sanguíneo de glicosa, ideal para os diabéticos.

Por cada 100 gr:
Fibra- 15.2%
Minerais- 4.20%
Hidratos de carbono- 45,1%
Graxa- 0.850%
Proteinas- 23.4%
Auga- 11.3%

PRECAUCIÓN!!
Non consumir crú pois ten unha sustancia tóxica coñecida como faseolina, que se desintegra coa cocción ou o vapor.

O kiwi

É unha froita estimulante das defensas, fortaléceas polo seu altisimo contido en vitamina C. Convén o seu consumo de forma regular(un ó dia como minimo) para todos aqueles que estean sufrindo calquera tipo de enfermidade infecciosa, tanto na fase aguda como na convalecencia.
Polo seu contido en ferro, vit C e cobre asi como os folatos é moi recomendable en casos de anemia.
Para as embarazadas, ademais de fortalecer os seus defensas o seu contido en folatos contribúe a previr as malformacións fetales do conduto neutral, como a espiña bífida.

A col lombarda

A acción mais importante e estudada é a anticanceríxena.
Ten capacidade cicatrizante sobre a pel, co cal é excelente contra as úlceras gastroduodenais e transtornos do estómago.
A súa fibra é celulósica polo que se indica en casos de estreñimento crónico e diverticulosis.
As sustancias sulfurosas confírenlle unha acción antibiótica para reequilibrar a flora bacteriana.
O mollo de col en xaxún foi usado desde a antigüidade para expulsar os parásitos intestinais.
   
Fibra: 2.30%
Minerais:0.71%
Hidratos de carbono: 3.13%
Graxa: 0.270%
Proteínas: 1.44%
Auga: 92.2%

A cabaza

Trátase dun dos alimentos mais baixos en graxa e sodio, dous inimigos declarados da saúde das arterias e o corazón. Pola súa pouca cantidade en sodio e a súa riqueza en potasio, está recomendada contra a hipertensión.
O seu contido en beta-caroteno(provit.A) protexe a parede das arterias. Os que sufran anxina de peito ou os que sufriran un infarto non deberían deixar de tomar cabaza polo menos 3 veces por seman.
Actúa como un diurético suave, aumentando a produción de ouriños, por iso é moi adecuada para afeccións de ril (nefrite, edemas).

 

proxecto fiare galiza