Coop57: A foto

Moitas grazas pola vosa participación no Encontro de Coop57. Sen o voso traballo, o voso compromiso e a vosa ilusión non tería sido posíbel este evento que, con certeza, marcará un antes e un despois na traxectoria da nosa Cooperativa.

Nos próximos días, farémosvos envío das propostas que consensuamos e as principais cifras do Encontro (número de participantes por seccións, ingresos e gastos, etc.). Tamén temos previsto elaborar un dossier con todas as propostas que se formularon durante os grupos de debate.

Porén, non quería deixar pasar a ocasión para vos enviar esta foto: unha imaxe vale máis que mil palabras.

Xornada de reflexión de Fiare Galiza

Dende a Asociación Fiare Galiza presentan unha xornada formativa sobre o proxecto FIARE. De xeito xeral, trátase de coñecer a situación actual do proxecto e as perspectivas de futuro, para o que contaremos con unha persoa de FIARE estatal. A continuación, mediante o traballo en grupos, abordaremos tres tarefas que nos compre desenvolver dentro da asociación: a formación, a difusión e a participación no proxecto.

Coop57 presenta a súa candidatura aos premios de Valores Cooperativos 2011

 Co presente informe preténdese dar a coñecer o labor de Coop57GZ desde o seus comezos no ano 2009, estudando ademais as súas boas perspectivas de futuro tanto a medio como a longo prazo,  convertíndose nun referente de intercooperación e da posta en práctica dos valores cooperativos na economía social galega.   

Asamblea Constituinte Coop57 Galicia
Asemblea constituínte Coop57GZ. Maio 2009

Unha economía solidaria para unha sociedade máis xusta:

Fiare procura voluntarios en Compostela

Boa tarde:

Aproveitando a experiencia que xa se está a facer noutros lugares do estado, do mesmo xeito que xa fixo e segue a facer en Italia Banca Popolare Ética, dende o encontro do ano pasado de Durango, Fiare pretende dar cada vez máis importancia ao desenvolvemento do noso proxecto de banca ética, e á difusión do mesmo, con ferramentas o mais pegadas ao territorio que sexa posible.

O Banco Santander deshaucia con sumo gusto con 0€ de comisión

APOYA A JOSÉ LUIS BURGOS EN SU PEREGRINAJE POR ESPAÑA       

Árbore faise socia de AIS O Peto, asociación por un aforro solidario

Seguindo a liña de actuación da cooperativa
(socia de Fiare Banca Ética, socia fundadora de Coop57 GZ, investindo os excedentes en Coop57), o Consello Reitor de Árbore decidiu que sexamos socias da Asociación polo Interés Solidario, O Peto.

¿Que é "O Peto"?

O BBVA invirte en armamento controvertido

O BBVA é o banco español con máis presenza en empresas que fabrican armamento controvertido.
 
O Centro de Estudos J.M. Delàs de Justicia e Pau , o Observatorio da Débeda na Globalización (ODG) e a Federación SETEM ( da que forma parte AMARANTE Setem ), unidos na campaña "BBVA sen armas" destapan ante a Xunta Xeral de Accionistas, que o BBVA está presente desde 2006 con máis de 1.000 millóns de euros en empresas produción de armas nucleares, bombas de racimo e armas de uranio empobrecido.
 

Árbore financia inversión a través dunha entidade solidaria, AIS O Peto

Vimos de ser apoiados durante o último trimestre por AIS O Peto na financiación de diversas inversións que fixemos. Dende Árbore queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a esta asociación polo interese solidario.

Árbore inicia os trámites para formar parte de Fiare - Banca Ética

O Consello Reitor de Árbore decidiu no día de onte, entrar a formar parte da Banca Ética a través do proxecto Fiare.

A banca ética cólase na presentación da nova caixa de aforros galega

A banca ética colase na fusión das "caixas" galegas

 

proxecto fiare galiza