Comunicado da Cooperativa ARBORE en apoio aos activistas inxustamente detidos

Consumo Consciente Árbore, S.C.G comunica o seu apoio aos activistas inxustamente detidos e criminalizados por defender aos animais.
 
Na mañá do 22 de Xuño do 2011, as forzas da orde e seguridade do Estado entraron nas casas de 12 activistas do Estado español, nas rexións de Madrid, Asturias, Euskadi e Galicia. Doce activistas que colaboran ou colaboraron nas organizacións en defensa dos animais, fundación Equanimal e a asociación Igualdade Animal. Tras varios días nos calabozos da Garda Civil e tras as declaracións ante o xuíz, tres deles permanecen en prisión preventiva mentres o resto atópase en liberdade condicional con cargos.
 

Camiño polo pacto galego contra a pobreza

O próximo 16 de outubro representantes dos tres partidos políticos con escanos no Parlamento galego asinarán o Pacto Galego contra a Pobreza, un documento que establece compromisos políticos firmes e duradeiros de loita contra a pobreza e en materia de cooperación ao desenvolvemento.

Dende outubro de 2009, as organizacións aglutinadas na Coordinadora Galega de ONGD traballan para que en Galicia se asine este pacto. Tras meses de moito esforzo, a sinatura levarase a cabo a próxima semana, o 16 de outubro, no reitorado da USC, no Pazo de Fonseca.  

Árbore reparte 2.500 € entre ás socias

A cooperativa Árbore reparte durante o mes de outubro un bono* de 10 € a cada socia que o desexe para que poida mercar graneis e fresco. Este bono é a resposta da cooperativa a un problema xurdido na tenda e que afecta ás socias. Dende Árbore comentar que entendemos a situación como excepcional e que se tomaron e se toman todas as medidas necesarias para controlar a posibilidade de aparición de palomilla nos graneis ecolóxicos. Entendendo que a calor de Agosto non axudou a controlala tanto na cooperativa como nos fogares, dende o Consello Reitor tomamos esta decisión para compensar as posibles perdas de xénero das socias no seu fogar.

Folga Xeral: Árbore non abre o día 29 de setembro

O día 29 de setembro a cooperativa Árbore sumarase á folga xeral.

 

proxecto fiare galiza