Ultimo Boletín de Economía Solidaria

Aquí tedes un enlace ás últimas novas sobre economía solidaria, imprescindible para coñecer interesantísimas propostas e proxectos que demostran que hai outra forma de intervir na economía con criterios de xustiza, transparencia e solidariedade.

Brasil recoñece o comercio xusto a nivel institucional e lexislativo

O pasado 17 de novembro durante a reunión plenaria do Conselho Nacional de Economia Solidaria (CNES ) en Brasilia, o Presidente do Brasil aproveitou para asinar o decreto que así o fai efectivo. Con este decreto será posible consolidar e ampliar as políticas públicas para o sector e tornar permanentes as conquistas dos traballadores brasileiros, segundo diso Lula Da Silva durante o acto de sinatura.
 

Charla coloquio: Louriña en transicióm

Nesta charla-coloquio falarase de crear un grupo de consumo ecolóxico. Cultivar hortas comunitarias, recollida de froita de árbores abandonadas, aceite vexetal reciclado, xornadas de traballo e apoi mútuo, compartir recursos, etc.

Será no Centro Social Comunitario na rúa Pío XII en O Porriño.

Máis información en: permaculturalouro.blogspot.com

Taller para impulsar, renovar e ampliar a Rede de Economía Solidaria en Galicia

Convoca: REAS - Red de Redes de Economía Alternativa y Solidaria

Entidades convidadas:
- Entidades que apostan pola economía solidaria e que participan en Galicia en Reas, Coop57 e Fiare
- Outras entidades relacionadas co tema da economía solidaria e interesadas en impulsar a Rede

Sábado, 20 de Novembro de 2010
- Comezo:  17:00 horas
- Final:  20:30 horas
- Lugar: Centro Sociocultural de Fontiñas,  Rúa Berlín, s/n - Santiago de Compostela

Xornada: O fomento da intercooperación a través de mercados de economía social e solidaria

É unha actividade que forma parte dun programa estratéxico de traballo plurianual, que tenciona potenciar a intercooperación, a través de mercados de economía social e solidaria, nun escenario galego no que existen organizacións, colectivos sociais e persoas interesadas en promover proxectos que cren, desenvolvan e consoliden o funcionamento de mercados sociais.

 

proxecto fiare galiza