A piñaq

Podese dicir da piña que é amiga do estómago. É un antiácido natural. Moitos a consideran un postre ideal para facilita-la dixestión. O seu consumo está especialmente indicado nas seguintes afeccións do estómago: hipoclorhidria (falta de xugos dixestivos) maniféstase pola dixestión lenta e pesadez de estómago. Ptosis gástrica( estómago caído) causado pola incapacidade do estómago para vacia-lo seu contido. En ambolos dous casos o ananás ten que tomarse fresco, nunca en conserva.
Ten un efecto saciante que constitúe un bó complemento nas dietas adelgazantes.

O mango

O mango contribúe, polo seu contido en vit A, á hidratación e tersura da pel. Recomendase en casos de eccema e dermatite e tamén como preventivo ó evellecimento da pel. É una gran amigo das arterias e non debería faltar na dieta do que ten falta de riego sanguíneo nas arterias coronarias ou as extremidades., axuda ademais a controlal hipertensión.
Ë ben tolerado por diabéticos, e xa que esta enfermidade afecta ás arterias e ó corazón, recoméndase lle a estes pacientes.

Por cada 100 gr:
Fibra- 1,80%
Minerais- 0,50%
Hidratos de carbono- 15,2%
Graxa- 0,270%
Proteinas- 0,51%
Auga- 81,7%

O caqui

Os caquis exercen unha suave acción astrinxente en conxunto, os seus taninos son altamente astrinxentes e os seus mucílagos moi suavizantes. Son tamén antiinflamatorios intestinais, debido a súa riqueza en pectina e mucílagos.
Conveñen en todo tipo de diarreas e colite.
O seu aporte en ferro non é moi elevado pero absórvese moi ben xa que ten Vit C.
Ainda que é unah froita doce, os diabéticos a toleran moi ben, xa que o seu contido en azucre é case todo fructosa e que a súa fibre de tipo soluble retén os azúcares no intestino e vainos liberando pouco a pouco.

Fibra: 3,60%
Minerais: 0.33%
Hidratos de carbono: 15,2%
Graxa: 0,190%

A mandarina

A composición da mandarina é moi parecida a da laranxa. As súas aplicacions mais destacadas son:
 Para enfermidades febrís dos cativos, pola súa acción antiinfecciosa e remineralizante. Moi recomendable en caso de resfriado, gripe e infección de garganta.
 A cura de mandarinas da moi bós resultados en caso de hipertensión arterial e arteriosclerose.

Fibra: 2,30%
Minerais: 0,390%
Hidratos de carbono: 8,89%
Graxa: 0,190%
Proteínas: o,630%
Auga: 87,6%

A feixoa

E una froita ideal para as embarazadas, de orixe brasileiro, contén folatos en boa cantidade, a súa falta no embarazo pode causar anemia e malformación no feto.
Ten unha cantidade expectacular de iodo por iso se recomenda no bocio hipotiroideo cano está causado por falta de iodo na alimnetación e cara o extreñimento polo seu aporte de fibra vaxetal de acción laxante.

Fibra: 4,50%
Minerais: 0,740%
Hidratos de carbono: 6,13%
Graxa: 0,780%
Proteínas: 1,24%
Auga: 86,6%

1) CRÚA: Cómese coma o kiwi, se parte a metade e cunha culleriña.

2) Preparacións culinarias: zumes, elaborar compotas e marmeladas.

As peras

A maior parte do azucre da pera é fructosa, polo que é ben tolerada polos diabéticos, Ademáis non contén ndad de sodio e é moi rica en potasio. Hay estudos que demostran que a maior ingesta de potasio menor risco de padecer hipertensión.
A pera activa os riles, e tamén se recmentda no caso de edemas (retención de líquidos), tanto de causa cardiáca coma renal.
Favorece a eliminación de ácido úrico e exerce un efecto alcalinizante do sangue, o cal resulta favorable nas dietas depurativas para neutralizar o exceso de resíduos producidos por unha alimentación rica en carnes..

O plátano

É unha das froitas mais nutritivas e medicinais. Destaca a súa riqueza en hidratos de carbono. O plátano inmaduro contén moito almidón que despois convertirase en azúcre coa madurez, por iso verde fai unha mala dixestión.
Contén unha pequena cantidade de proteíenas edestaca notablemente polo seu contido en vit B6, tamén vitC , B1, B2, E e folatos.
Ten 2 tipos de fibra vexetal, a soluble e a insoluble, unha boa para o estreñimento e a uotra para descender o nivel de colesterol.

A uva

A uva tonifica o corazón e fluidifica o sangue, os que se sintan deprimidos ou fatigados encontrarán na uva e no mosto sen fermentar, un tonificante natural que aporta enerxía rápida e eleva o estado de ánimo.
Ademaís evita a agregabilidade das plaquetas (tendencia nas que estas únense para facer trombos), o cal disminúe o risco de oclusuón arterial.
A uva é unah das froitas frescas mais ricas en ferro, superando incluso a carne de cordeiro, xa que está mais concentrado na uva. Ademais a súa absorción mellorra coas vit C presente nela tamén..
Activa a función desntoxicadora do fígado, aumentando a producción de bilis.

Os pomelos

Ten unhas propiedades semellantes ás do limón ou a laranxa, o contido en nutritentes do pomelo é reducido, por iso o seu interese mediciñal céntrase nas sustancias de acompañamento (as que non preoducen enerxía). Pectina, atópase entre os gaxos e destaca polo seu efecto anticolesterol e protector dea arterias.
Flavonoides, fluidifian o sangue e son antioxidantes...e tamén os hai de efecto probado anticanceríxeno, (os limonoides).
Ten o poder de reducir o hematocrito do sangue cando está moi elevado. Esto é a concentración de sangue en células e que aumente é indicativo dunha trombose.

Os limóns

Na composición do limón destaca a vitamina C ante todo. Como elementos fitoquímicos o límón ten ácidos orgánicos (ácido cítrico, málico, acético e fórmico) que poseen un notable efecto antiséptico.
Os flavonoides atópanse na corteza e pulpa con accíon antioxidante neutralizando o principal mecanismo que produce o envellecemento.
Ten acción protectora capilar reforzando a estabilidade dos capilares e melloran a circulación venosa previndo a aparición de edemas e trombose.

 

proxecto fiare galiza