Procuranse terras na comarca

Socia de Ábore,‭ ‬xunto con dúas compañeiras máis,‭

buscamos:

Terreo‭  ‬(en cesión‭)‬ no municipio de Vigo,‭ ‬preferentemente próximo á cidade,‭ ‬para iniciar un proxecto de‭ ‬horta ecolóxica

Se tes algunha información,‭ ‬agradecémosche que nola fagas saber:

marta:‭ ‬martghal@yahoo.com.br

eva‭: ‬68.7663015

Encontro Hortas Vigo e Obradoiro Conservas

Día 12 de xuño de 2011 ás 12 horas na horta do Freixo

II Encontro de Hortas da Comarca de Vigo

No mes de Outubro de 2010 celebrouse I Encontro de Hortas da comarca de Vigo ao que asistiron tanto hortas comunitarias como individuais ou familiares. No encontro que se ubicou no espazo de Alg-a en Valadares, aproveitamos para coñecer o traballo de horta realizado pola xente da Cova, por en común o estilo de horta de cada unha, as problemáticas coas que nos atopamos e todo aquelo que foi xurdindo. Un dos acordos aos que chegamos foi o de realizar visitas a diferentes hortas da zona para coñecer no propio terreo o traballo que se está facendo.

Obradoiro: Construcción dun invernadoiro con cúpula xeodesica

SÁBADO 19 DE MARZO
   NO ALG-A LAB
    11 DA MAÑÁ

Construiremos unha cúpula xeodésica con persianas recicladas para invernadoiro de horta.
Pasaremos todo o día, traede a vosa comida.
Para inscribirse
        Correo-e: caleidoskopio@sindominio.net
        Tlf: 626229441     

Como chegar
       
http://www.alg-a.org/spip.php?page=ubicacion_lab
       
ou no autobús C7
 
SAÚDE E ALEGRÍA PARA TODAS

Procuramos dunha persoa para a Comisión da Horta

Dende a Comsión da Horta de Árbore faise un chamamento para incorporar unha persoa a equipa de cultivo.

A horta está situada no Freixo en Sárdoma. Cultivamola de forma ecolóxica dende o ano 2004.

Nestes momentos procuramos dunha persoa con certa experiencia, seria, responsable e con compromiso para cultivar. É unha Comsión auto-xestionada onde se reparte o cultivado. Non é un traballo nin se remunera de ningunha maneira. Se che interesa, envía un mail a info@arbore.org

Se o que queres é investigar, aprender e intercambiar, nos seguintes links atoparas o que procuras:

Construcción de invernadoiros con cúpula xeodésica

Contactou unha persoa con Árbore ofrecendo o seguinte:

Boas, son un chico interesado no cultivo ecoloxico, teño un terreo cuns amig@s....
Ofrecerialle concretamente o explicar de maneira práctica a construcción de invernadeiros con forma de cúpula xeodesica usando listons de persianas usadas. O invernadeiro é fiable e resistente ao 100x 100, un de 3m de diametro e 1.75m aprox de altura faise en 3 horas entre dúas persoas, só se usan bridas de plastico nas unións e claro, logo mercalo plastico.....

Encontro de hortas ecolóxicas de Vigo e bisbarra

Estase a preparar un encontro de hortas ecolóxicas da zona da Ría de Vigo para a vindeira semana.
O obxectivo deste primeiro encontro sería, básicamente, o de tomar contacto, coñecérmonos, e por en común as expectativas que cada quen de nos teriamos sobre a existencia desta posible “rede” de hortas ecolóxicas que se podería comezar a tecer.

 

proxecto fiare galiza