información sobre productoras

V Encontro da Rede Galega de Sementes

O Sábado 17 de Marzo a partires das 11:00h da mañá celebrarase na Praza 8 de Marzo,A Porta do Camiño, en Santiago de Compostela o V Encontro da Rede Galega de Sementes.

Máis información no arquivo adxunto, participa e difunde!

Presentación de Claude Aubert sobre alimentos convencionais vs alimentos ecolóxicos

APEGA (Asociación de Produtor@s Ecolóxic@s de Galicia) envíanos unha presentación dunha conferencia de Claude Aubert sobre alimentos convencionais e alimentos ecolóxicos.

Xornada técnica sobre a mazá

A Concellaría de Desenvolvemento Local do concello de Redondela, en colaboración coa cooperativa Trespés, organiza para o próximo sábado 26 de novembro unha xornada técnica sobre a mazá, que ten como obxectivo mostrar as potencialidades que este cultivo pode ter como recurso económico. A celebración da mesma desenvolverase no centro cultural da parroquia de Negros, dada a longa tradición que o cultivo da mazá ten neste lugar.

 

proxecto fiare galiza