información sobre productos

¿Que froitas e hortalizas chegan esta semana? (Actualizado a 22 de Setembro)

Fin de tempada:
Novas da semana: mazá golden país, mazá reineta país

Xira Bellotera Norteña

Donas e Cabaleiros dende o máxico sur de Ghalisia, César Lema, o supermán da landra, e séus tremendos eghos estarán de xira por terras norteñas no mes de difuntos presentando o  "Manual de cocina bellotera para la era post petrolera.

Copas Menstruais de Marca Branca

Incluímos a continuación unha comunicación enviada pola "Red Copa de Luna" distribuidores de MoonCup, unha organización coa que levamos traballando moitos anos en boa sintonía. A comunicación trata o tema do incremento da oferta de Copas Menstruais no seu apartado positivo e negativo.

 


 

O primeiro animal xeneticamente modificado para alimentación humana

 

Na plataforma online Avaaz.org iniciouse unha campaña contra a venda no mercado Estadounidense dun peixe xeneticamente modificado para a alimentación humana.

 

Podedes atopar máis información e firmar en contra dalgo tan éticamente rexeitable, en: http://www.avaaz.org/es/

 

Comeza andar a Cesta Básica

Temos a ledicia de estrear "a cesta básica en Árbore".

É unha iniciativa para facilitar o acceso a unha alimentación completa, saudable e consciente. Fíxase o desconto para socias no 20% en preto de 100 alimentos, a maioría deles dentro de dúas categorías:

  • Froitas e hortalizas frescas de orixe próxima (local ou galega).
  • Graneis (alimentos vendidos por peso) de cereais, legumes, sementes...

O catálogo de alimentos incluídos deseñouse coa intención de satisfacer unha serie de fins:

¡Prantas de Kalanchoe e Stevia!

Acabamos de recibir prantas de Kalanchoe e Stevia para poñer á venda dende esta mesma tarde.

Sabemos que moitas socias da cooperativa querían mercar estas prantas e xa as tedes a vosa disposición. O custe de cada unha delas é de 3€, e se alguen quere colaborar co grupo de persoas que están facendo o esforzo de cultivalas e ofrecelas, pode facelo deixando a cantidade extra que cada quen cosidere oportuna, de forma totalmente voluntaria.

Árbore non obten ningún beneficio económico da venda desta pranta, soamente pretende facilitar a súa difusión.

A cafeína e o café - Espanica

Amplia información que nos chega desde Espanica sobre os tipos de café, os diferentes contidos en cafeína, e os seus efectos para a saúde.

 

proxecto fiare galiza