O factor de protección define o tempo que unha persoa pode estar exposta ao sol comparado a unha situación sen protección: Como sen protector non se recomenda quedar máis de dez minutos exposto ao sol (valor medio para España en función do tempo, horario, altitude,etc.), unha crema de factor 10 permitiría aprox. unha hora e media de exposición.
A pel absorbe unha gran parte do contido dos produtos con que a coidamos. É por iso que pensamos que o corpo merece ser alimentado cos produtos naturais máis limpos, debidamente especificados nunha lista de ingredientes clara e fácil de comprender.