Data de apertura estimada no novo local: 14 de Maio
Se queres colaborar na mudanza, escríbenos a info@arbore.org
A Asamblea da Cooperativa aprobou mudar o domicilio social da cooperativa de Arquitecto Pérez Bellas a Lopez Mora 30, apenas 250m do actual local.
Con esta decisión, a cooperativa busca non so dispoñer dunha nova tenda máis espaciosa e con novas posibilidades, senón tamén ter un espazo social para reunións e actividades, aberto as ideas e iniciativas das socias.