Nace en Redondela unha Rede de Troco de saberes

         A presentación terá lugar o próximo xoves 15 de setembro, ás 20:30 horas, preséntase a Rede de Saberes Redetroco no Multiusos da Xunqueira en Redondela. Unha rede onde as persoas poden aprender e aprenderlles aos demais sen depender de intercambios monetarios.
 

Vigotroca: Xornada de troco e cesión este sábado día 16

Sábado 16 de Xullo, 11:00 - 18:00, cruce de Colón con Príncipe

 

# Mercadiño troco e cesión

durante toda a xornada postos de troco e cesión traede as cousas que xa non precisedes para trocalas ou se queredes tamén cedelas

# Información de colectivos da cidade

durante toda a xornada postos de troco e cesión traede as cousas que xa non precisedes para trocalas ou se queredes tamén cedelas

 

# Xantar popular ás 14:30 h

Rede de intercambio en Redondela

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira de Redondela ven de poñer en marcha unha rede de intercambio  que pretende ofrecer un xeito alternativo de aprender e relacionarse coa xente da vila.

A motivación que nutre esta rede de intercambio é o convencemento de que tod@s somos donos dun saber que pode resultar interesante ós demais, e que podemos transmitir doadamente, trocando. Na rede de intercambio de coñecementos a moeda é o saber. Non se trata, polo tanto, dun intercambio monetario, senón dun troco de tempo e intereses, sendo todos valorados por igual, desde unhas clases de cociña ata unhas leccións de informática.

Feira do troco de libros en Redondela

Loaira organiza unha Feira de Troco especial libro galego e portugués o próximo sábado 14 de Maio nos soportais do Concello. Os libros poderanse para trocar poderanse deixar ata as 12.30 horas e a partir desa hora poderanse trocar por outros.
 
O sistema de troco segue a mesma dinámica que en edicións anteriores. As persoas
interesadas poden levar ata seis libros entre as 11:00 e as 12:30 no lugar citado. Recolleranse dando un vale numerado por cada un deles. Entre as 12:30 e as 13:30 os vales poderanse trocar por outros libros. No caso de que dúas ou máis persoas estean interesadas nun mesmo libro, darase prioridade á numeración dos vales.

 

proxecto fiare galiza