Aproveitamos a publicación no medio Chileno "El ciudadano" dun artigo sobre a posible presenza de agroquímicos nos produtos de hixiene femenina para manter aberto o debate sobre saúde pública e intereses das grandes transnacionais.
Na reunión de presidencias das Comunidades Autónomas do 17 de xaneiro, aprobouse poñer en marcha un Plan de emerxencia entre o goberno español e os executivos autonómicos para enviar recursos e material de Axuda Humanitaria á poboación refuxiada dos campos da fronteira europea, así como axilizar a chegada das 17.377 persoas refuxiadas que o Estado español se comprometeu a acoller.
Dende a Rede de Coordinadoras Autonómicas de ONG de Desenvolvemento, denunciamos o atraso con que o goberno español está a reaccionar ante o drama que viven ás persoas migrantes que queren chegar a chan europeo. E ante a proposta de Plan de Emerxencia, esiximos:
Podedes atopar no Boletín da coordinadora diversas noticias e algunhas ideas para axudar as persoas refuxiadas.
Podedes consultar un resumo dos hitos máis relevantes no 2016 de Coop57.
Árbore é socia desta cooperativa de servizos de financiamento dende a fundación da sección territorial galega e ten feito uso dos seus servizos no 2015.
#SteviaLibre, Campaña contra a prohibición da comercialización de Stevia en folla
Lun, 09/01/2017 - 12:10 inPor petición dun socio da cooperativa damos publicidade á campaña #SteviaLibre da que podedes atopar máis informacion pinchando no enlace.
Agardamos que sexa do voso interese e decidades participar na campaña.
Un saúdo!
O boletín de Economía Solidaria é unha das melloras formas das que dispoñemos para estar o día das noticias do sector, botádelle un ollo:
A primeira delas será a presentación do libro de Mª González Reyes Palabras que nos sostienen. Cartografía de una multinacional en dibujos e historias. Un libro de historias ilustradas que pretende "mudar o relato que contan os poderosos".
Mensualmente podedes consultar ou recibir no voso correo o Boletín de Economía Solidaria, con noticias relevantes do desenrolo da economía solidaria en todo o estado.
Para aceder ao Boletín de Economía Solidaria: http://www.economiasolidaria.org/node/10322
Saúdo!
Este outono volvemos ás rúas!
Vigo súmase aos centos de cidades de todo o mundo que conformarán unha fronte común contra os Tratados de Libre Comercio durante este Outono en Resistencia. A Campaña Non ao TTIP Galiza convoca o vindeiro 15 de outubro baixo o lema “Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!” a manifestación central galega, que partirá do cruce de Vía Norte con Urzáiz ás 19h e rematará no MARCO coa lectura dun manifesto. .
CHAMAMENTO