O primeiro animal xeneticamente modificado para alimentación humana

 

Na plataforma online Avaaz.org iniciouse unha campaña contra a venda no mercado Estadounidense dun peixe xeneticamente modificado para a alimentación humana.

 

Podedes atopar máis información e firmar en contra dalgo tan éticamente rexeitable, en: http://www.avaaz.org/es/

 

Mercado de Produtos Tradicionais Galegos, Vigo, 3 de Novembro

Mañá, día 3 de Novembro, celebrarase na Praza da Pedra (Mercado do Berbés en caso de chuvia) a Feira "Mercado de Produtos Tradicionais Galegos" na súa edición de Novembro. Lembrámosvos que esta feira realizase tódolos meses, e podedes atopar máis información en: http://patrimoniodegalicia.org/

Recollida de fondos para a creación da banda deseñada, Alleos

A banda deseñada Alleos xa está en marcha en Verkami!!!
Agardo a colaboración de mecenas para poder editar o proxecto.
É un dos proxectos máis sentidos que fixen.

É unha banda deseñada que parte dun análise sobre a grave situación mundial.

Sinopse:
Varios traballadores en situacións críticas diferentes, tras o ERE da súa empresa,
dan un xiro radical á sua vida apostando por crear unha forma de vivir totalmente diferente á que estaban afeitos.

Páxina de Verkami, onde podedes ver un breve trailler, coñecer máis o proxecto,
e facer achegas para que poida editalo, quen queira e poida:

Labregos, consumidores e ecoloxistas exisen a prohibición do cultivo de millo transxénico MON810

[Enviado po Amigos da Terra]

O millo transxénico MON810 non garante unha maior rendibilidade nin contribúe á seguridade alimentaria, en contra do que afirmou recentemente o ministro Arias Cañete.

 

O pleno do Concello de Ponteareas aproba a moción de Adenco e declárase Zona Libre de Transxénicos

Nota de prensa, 22 de febreiro de 2012

 

NON QUEREMOS QUE SIMPLEMENTE SEXA UNHA DECLARACIÓN FORMAL. PEDIREMOS A SÚA APLICACIÓN EFECTIVA

O pleno do Concello de Ponteareas aproba a moción de Adenco e declárase Zona Libre de Transxénicos

 

O Grupo Ecoloxista ADENCO quere facer pública a súa satisfacción pola aprobación por unanimidade, no pleno do martes 21 de febreiro, da moción que no seu día presentara no rexistro do concello para declarar a Ponteareas como Zona Libre de Transxénicos.

 

As plagas fanse resistentes aos cultivos transxénicos Bt

[Enviado pola Plataforma Galega Antitransxénicos. Publicado en "Público" http://www.publico.es/ciencias/]

Asemblea FiareGZ 2012

Asemblea FiareGZ 2012

O sábado 11 de febreiro celebraremos preto da Coruña a nosa III Asemblea de FiareGZ.  Anímate a compartir connosco este momento e participa!.

Máis información: http://fiaregz.wordpress.com/2012/01/31/asemblea-fiaregz-2012/

O fracaso da pataca transxénica

Amigos da Terra envianos esta boa noticia:

 

A multinacional química alemá BASF anunciou onte a súa decisión de abandonar o mercado europeo de sementes transxénicas, recoñecendo a “falta de aceptación en moitos lugares de Europa por parte da maioría de consumidores, agricultores e políticos” [1].

 

Isto supón a retirada da pataca transxénica Amflora aprobada fai tan só dous anos, da que se cultivaron apenas unhas decenas de hectáreas e que, tras múltiples escándalos de contaminación, supuxo outro gran fracaso para a industria dos transxénicos [2].

As plagas fanse resistentes aos cultivos transxénicos

Un informe da Axencia de protección ambiental de EEUU recoñece nun informe, o que estamos denunciando dende fai anos: que as plagas fanse resistentes aos cultivos transxénicos Bt.
http://www.publico.es/ciencias/411039/detectadas-plagas-resistentes-al-insecticida-de-un-maiz-transgenico

 

 

proxecto fiare galiza