A Plataforma Galega Antitransxénicos urxe á Xunta para que se posicione politicamente diante dos Organismos Xeneticamente Modificados

 

Charo Sánchez Parga, Analía Moares e Adolfo Naia, en representación da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), mantiveron un encontro coa subdirectora xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias, Patricia Ulloa, e o xefe do servizo de Sanidade e Produción Vexetal, Ramón Lamelo.

Proxecto Lentura (Amorodo)

 

Na asistencia de Árbore ó ciclo "Sabores e Saberes" na praza de abastos de Vilaxoán coñecemos a un proxecto ben interesante que están a levar adiante nos concellos de Rois, Ames e Dodro.

Xuntando a coordinación dos productores, a revalorización da terra e o seu cultivo, e a seriedade á hora de plantexarse os pasos e os procesos, o Proxecto Lentura (antes proxecto Amorodo polo acrónimo dos tres concellos donde traballa) xa levan varios anos tentando consolidar a agricultura ecolóxica e pechando o círculo para venderlle ós consumidores da súa contorna.

Algas con selo ecolóxico

A Unión Europea prepara a certificación ecolóxica das algas para o ano que ven.
Esta vella demanda da empresa galega ALGAMAR concretarase en breve e permitirá un control que de garantías ás consumidoras sobre a ausencia de metais pesados e restos de hidrocarburos nas algas.

As algas de ALGAMAR serán as primeiras algas de Europa en recibir esta certificación.

Acción urxente da campaña Roupa Limpa

Tralo tráxico incendio da fábrica de roupa que causou a morte a 21 persoas (15 das cales eran mulleres) o 25 de febreiro pasado, os traballadores e as traballadoras esixen reformas inmediatas, unha investigación criminal e indemnizacións para as vítimas. Apoia as súas demandas escribindo ao Goberno de Bangladesh, ao propietario da fábrica e ás marcas de moda internacionais que producían alí as súas pezas.

O xoves 25 de febreiro, morrían 21 persoas en Bangladesh atrapadas no interior da fábrica en chamas na que traballaban. Estaban a terminar uns pedidos de coñecidas multinacionais de roupa, como  H&M e Terranova. Era o segundo incendio en 6 meses da fábrica “Garib & Garib Sweater Factory” en Gazipur, Bangladesh.
Por favor, únete ao chamamento internacional para reclamar xustiza para as vítimas e a adopción de medidas inmediatas para previr traxedias como esta en o futuro. Dirixe a túa carta ao Goberno de Bangladesh, ás empresas internacionais e ao dono da fábrica. Bangladesh detenta o macabro cómputo de 230 mortes por traxedias similares desde o ano 2000.

Se queres máis informacion ou asinar a carta ó goberno de Bangladesh entra na páxina da CAMPAÑA ROUPA LIMPA.

www.ropalimpia.org

Etiquetaxe de productos supostamente galegos: unha burla para o noso país

Na proposta de etiquetaxe realizada pola Consellaría do Medio Rural o pasado venres 12 de marzo, no marco da Comisión Permanente do Consello Agrario, a catalogación “FEITO EN GALICIA”   non só se lle porá á materia prima producida na Galiza, senón que aquelas empresas que teñan razón ou sede social eiquí,  polo tanto que elaboren, transformen ou comercialicen no país,  xa terían dereito a empregala.
    Na mañá de hoxe Carme Freire Cruces,  Secretaria Xeral do SLG, denunciou en rolda de prensa a grave fraude para produtores/as e consumidores/as que suporá esta  proposta de etiquetado de produtos supostamente galegos.

    Co voto particular en contra do SLG, mais co voto favorábel das outras organizacións agrarias e da CMR, autora da proposta, aprobouse o pasado 12 de marzo unha iniciativa que pretende aproveitarse do prestixio dos produtos galegos, arestora fortemente lexitimados no mercado en base ao bon facer histórico do noso sector produtor, das características produtivas propias da nosa terra e dun cada vez maior sentimento de valoración e apoio por parte dos consumidores e consumidoras á produción e ao medio rural da Galiza.

    A Consellaría do Medio Rural vén de poñer sobre a mesa un proxecto que se burla dos consumidores e consumidoras ao tentar confundir mediante unha etiqueta os produtos feitos con materia prima propia do país  con aqueles feitos con materias primas de calquera latitude,  xa que levarían a mesma identificación.

Novo logotipo para os productos ecolóxicos europeos

Logo ecolóxico europeoA partir do 1 de xullo deste ano, os produtos ecolóxicos á venda na Unión Europea deberán acreditar a súa autenticidade portando un logo que acaba de presentarse, resultado dun concurso para a súa elección. O gañador é un estudante alemán que obtivo o 63% dos votos e 6.000 euros.

O logotipo foi presentado onte en Bruxelas pola comisaria de agricultura Mariann Fischer Boel, e consiste nunha folla de árbore formada por estrelas sobre un fondo verde. A votación foi cidadá e realizouse online.

Segundo a comisaria, con este proxecto a UE pretende "promover os produtos ecolóxicos europeos e facer conciencia entre os consumidores sobre a importancia deste tipo de produción".

Relacionanse un pesticida "orgánico" coa enfermidade do parkinson

Un investigador galego demostra a relación entre os pesticidas e o parkinson.

Nace a asociación galega de Horticultura Urbana

Este luns, 7 de decembro terá lugar a constitución da Asociación Galega de Horticultura Urbana.

Asociacion Galega de Horticultura Urbana

Será ás 16:30 no local que a Federación Ecoloxista Galega ten en Santiago de Compostela (Rúa Quiroga Palacios, 8, baixo).

Firma contra o arroz transxénico

Dende GREENPEACE alertan que quedan 7 días para que a Unión Europea decida sobre a autorización do Arroz transxénico.

Son precisas moitas firmas para convencer ás autoridades europeas que a cidadanía debe ser escoitada por encima dos intereses das grandes multinacionais como Bayer.  O teu podes colaborar: infórmache, firma, e difunde a campaña!

Arroz transxénico: a nova ameaza

10 anos de Amarante

O día 3 de outubro, AMARANTE celebra o seu decimo aniversario.

Non se ten a posibilidade de celebrar o decimo aniversario dunha organización social tódolos días. E aínda que 10 anos non é nada, moitas cousas teñen mudado neste tempo que nos teñen obrigado a ir adecuando as nosas ideas ao mundo do capitalismo global co que nos tocou lidiar co fin de ser efectivo na nosa Misión, sen traizoar os nosos principios e non renunciando aos nosos obxectivos.

 

proxecto fiare galiza