É un tipo de vinagre de orixe italiana. Trátase dun vinagre obtido a base dunha mestura de viños, na que interveñen tanto viños tintos coma brancos. Dentro das súas características atopamos un sabor forte e lixeiramente doce e unha cor escura. O sabor deste vinagre realza os condimentos con sabor a froita, se se quenta desaparece a súa acidez e dozura. Consérvase ben mesmo unha vez aberto xa que a introdución de oxíxeno non deteriora o contido. Os sedementos atopados no fondo da botella non deben terse en conta como unha diminución da calidade, é un proceso natural deste vinagre.
A comisión de compra-vendas propón eliminar as maremladas Taibilla da actual oferta da cooperativa. O motivo principal é doble:
1. Por un lado, Tabilla ven de apostar por un aditivo totalmente prescindible, o E-330, un conservante que se pon "por si acaso" e que permite que a mermelada aguante máis tempo na neveira.
2. Por outro lado, a actual oferta das tres empresas conserveiras galegas copan de moi boa variedade a tenda.
Se algunha socia quere opinar sobre o tema, que o comente cas traballadoras, no libro de comunicacións, neste post ou no correo info@arbore.org
Senón se argumenta contra esta decisión, deixaremos de pedilas o 2 de maio.
Tradicionalmente, utilizáronse para a obtención de aceite, prensas de capacho e cando era así, considerábase como o mellor aceite o producido no primeiro momento do prensado.
A prensa hidráulica máis común actualmente consta de dúas pontes de fundición unidos por 4 columnas de aceiro e dun pistón. A masa oleosa procedente do muíño dosifícase entre os capachos e presiónase durante 60 minutos.
Ingredientes: Aceite de jojoba, cera de abella, manteiga de karité, lanolina, cera de carnauba, extracto de rosa e de vainilla.
Beneficios: É un protector labial que protexe eficazmente do frío e do sol, ademais rexenera os beizos gretados de maneira natural.
Ingredientes: Tofu*( Callado de soia), aceite de oliva virxe extra*, algas espeguetti de mar*, miso* e tamari*(soia fermentada), fécula de pataca*, especias*.
* DE CULTIVO ECOLÓXICO.
Beneficios: ALGAS ESPAGUETTI DE MAR
Esta especie de algas ten tres beneficios principais no organismo. Primeiro o ferro.é o mineral responsable de axudar á creación da hemoglobina, polo que unha deficiencia provoca anemia, fatiga e baixa as defensas.
Ingredentes: Canela (6%), Cardamomo, Xenxibre, Cravos, Pementa negra, Estrato de canela, aceite de xenxibre. Todos os ingredentes son de produción ecolóxica.
Beneficios: Esta receita clásica conta cunha mitoloxía de miles de anos, é saboroso, doce e enerxizante. O sabor da canela é doce e fragante. É aperitiva (aumenta o apetito), dixestiva e astrinxente. Está contraindicada contra úlcera gastrointestinal.
Ingredientes: Té verde fermentado.
Beneficios: Ten unha importante acción alcalinizante por iso recoméndase á xente que non pode tomar café, a pesar de que non ten prácticamete teína palía o nerviosismo provocado pola dependencia do café, ademais ten unha acción bactericida.
Ingredentes: Regaliz, fiuncho, canela, casca de laranxa, xenxibre, tomiño, raíz de malvavisco, gordolobo, zume de limón deshidratado, extracto de laranxa, cardamomo, pementa negra, cravos e cúrcuma. Todolos ingredentes utilizados proceden de agricultura ecolóxica.
Beneficios: Esta infusión é a maneira perfecta para acougar unha gorxa irritada. É unha infusión natural, saborosa, suave e eficaz, tanto para nenos como para adultos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »