Café de cuba - Xarxa

Elaborado con grans selectos das mellores plantacións de café da serra Mestra, nas montañas onde se obtén un café superior de fama mundial polo seu excelente aroma e sabor.

O comercio Xusto é un movemento que, a través dunha práctica comercial, un labor de sensibilización e un traballo de mobilización social, aspira a cambiar os actuais modelos de relacións económicas e participar na construción de alternativas. Ten un significado mais alá da súa simple comercialización inscribíndose nunha estratexia de solidariedade coas comunidades produtoras.

Pasta de sémola de gran duro - La Tierra i el cielo.

Ingredentes: Sémola de trigo integral de cultivo ecolóxico e auga.

Bebida de Abelá instantánea - Ecomil

Ingredientes: Abelá parcialmente desgrasada instantánea (75%), maltodextrina de millo e maltosa.

Zume de mazá

Ingredientes: Mazás de cultivo ecolóxico.

Beneficios: O zume de mazá estimula a secreción salivar ó bebelo polo seu contido en ácedo málico natural. Dende a antigüidade utilízase como remedio tradicional contra as infeccións bronquiais xa que alivia a tose. En caso de colite non infecciosas senta moi ben grazas ás sustancias pécticas que contén que favorecen a retención de auga nos excrementos. Está indicado en casos de úlcera de estómago e é un estimulante no desenvolvemento infantil.

Bebida de avena en po enriquecida con calcio - Ecomil

Ingredientes: Avena instantaneizada (50%) maltodextrina de millo, aceite de améndoa, alga mariña calcarea: Lithothamnium calcareum (1,5%), aroma natural de vainilla.

Leite de vaca - Buen Pastor

Ingredientes: Leite de vaca, procedente de gandería ecolóxica.

Bebida de amendoa

Ingredientes: Auga, xarabe de ágave, maltodextrina de millo e améndoas.

Alga instant - Algamar

Ingredientes: algas secas para uso instantáneo. Alga espaguetti de mar, especias e sal.

Modo de emprego: Espolvoréase media culleriña sobre un prato de arroz, ensalada, sopa, verduras , potaxes, guisos, pisto, patacas, etc.

Como condimento pode substituír ó sal.

Alga Dulse - Algamar

Ingredientes: Alga Palmaria, 100g equivale a 1 kg de algas frescas. Seleccionada das augas mais limpas do atlántico e seca a baixas temperaturas.

Modo de emprego: Para engadir á ensalada trocear e pór en remollo 2 min. Para sopas ou pratos rápidos basta con escaldar ou engadir ó final.

Beneficios: É unha alga atlántica silvestre, de sabor e aroma suaves moi facil de preparar. Xa coñecida polos antigos celtas, destaca polas súas proteínas, minerais (especiamente calcio e ferro), oligoelementos e vitamina C.

Alga Nori - Algamar

Ingredientes: porphira natural en copos. 100g equivale a 1 kg de algas frescas. Seleccionada das augas mais limpas do atlántico e seca a baixas temperaturas.

Modo de emprego: Para comer crúa remollar 20 min e engadir en ensaladas.

Para comer tostada, sen remollar , tostar durante 2 min ó forno ou pasar pola tixola ben quente. Logo esparcir polo prato de ensalada, sopa, arroz, cus-cus, verduras, etc.

Fervida ou ó vapor 15 min con patacas, arroz ou verduras.

 

proxecto fiare galiza