Os chícharos teñen todo o necesario para ser un alimento cardiosaludable. Carecen prácticamente de graxa e sodio, dúas sustancias que en exceso son inimigas do corazón. Convén na dieta dos que sofren insuficiencia cardiaca, anxina de peito ou infarto.
Son ricos en vitaminas do grupo B e minerais necesarios para o bo funcionamento do sistema nervioso, por iso e ben considerado nos trastornos funcionais deste coma irritabilidade, depresión, insomnio...
Pola súa riqueza en proteínas (especialmente se se combinan con cereais) vitaminas e minerais, os chícharos son alimento moi apropiado para as embarazadas, son moi ricos en folatos que evitan malformaciós no sistema nervioso do feto.
O almidón transfórmase lentamente en glucos durante a dixestón o cal fai que sexa ben tolerado polos diabéticos.
Por cada 100 gr:
Fibra- 5.10%
Minerais- 0,87%
Hidratos de carbono- 9,36%
Graxa- 0,40%
Proteinas- 5,42%
Auga- 78,9%
1) CRÚS: Cando son tenros, resultan moi sabrosos e saudables.
2) CONXELADOS: A perda de vitaminas oscila entre o 15% e o 30%.
3) COCIÑADOS: Non conveñen superar os 5-10 minutos, xa que un tempo superior provoca a perda de case tódalas súas vitaminas, o escaldado rápido ou o vapor son o ideal.